martes, 25 de marzo de 2014

LARA

A Lara deulle tempo a facer moitísimas cousas que nos quixo ensinar a través de fotos e de manualidades que trouxo para a exposición.Creo que na súa casa coincidiron dúas mochilas viaxeiras , así que os seus pais tiveron que aplicarse para axudar aos dous pequenos. seguro que foron uns días distintos Aquí podedes ver algunhas das actividades que fixo :

De manualidade fixo, coas cascas dos ovos, dous bonecos que se chamaban igual ca ela e o seu irmán , un caramelo e unha maraca.


Os bonecos


Un caramelo e unha maraca.

 Visitaron dúas praias, creo que querían ver se despois de tanto temporal aínda quedaba algo de area para poder ir no verán

Aquí está co seu irmán


Traballando nas manualidades 


Facendo un cadro coa pintura que lle sobrou.


Aquí está cociñando.






CELIA

Por fin chegou o dí de levar a mochila para a casa. Fixo de todo: manualidades, ler, debuxou, pintou, escoitou música e cociñou, por certo, fixo dúas receitas.
Como manualidade fixo un bonito lapiceiro con materiais de refugallo.


Aquí está o seu traballo


Traballando na manualidade.


Facendo de cociñeira: fixo un xelado de iogur


Probando a súa obra....  


Tamén preparou unha rica pizza.. Que boa pinta!!!!!!

Para rematar , Celia mandounos a todos/as moitos bicos e apertas a través da libreta . Mirade....







jueves, 20 de marzo de 2014

XOEL LEIS

A Xoel tardáballe en chegar o día para levar a mochila. Preguntaba todos os xoves cando lle tocaba. Por fin lle chegou o seu día e ía moi contento. Traballou moito axudado polo seu pai e un pouquiño polo seu irmán Xián. a súa manualidade fai referencia a unha das súas debilidades "Os Dinosauros". Tamén lle dou tempo a ler e a cociñar. Contounos que unha das cousas que máis lle gustou foi o libro de  lectura.
Trouxonos algunhas fotos:


Levando a mochila



Facendo a manualidade co seu pai e o seu irmán.


Así quedou a súa obra sobre os dinosauros. Xenial!!!!



De cociñeiro. Trouxonos o pastel e estaba moi bo.Noraboa cociñeiro!!






MARTA

Marta fixo moitas cousas. Traballou moito e preparou tres bonecos como manualidade pero ademáis deulle tempo para acudir a unha festa, para deixar que a súa irmán lle axudara, para escribir e debuxar, cociñar e montar todo o do Nadal. De todo isto deixounos unha fotos:


A festa a que foi... pasouno moi ben!!!


Preparando o Nadal coa súa irmán


Facendo a manualidade dos bonecos con casca de ovo coa axuda da súa irmán.


Esta é a súa manualidade: 3 animais moi bonitos.



Facendo unha tarta .





NEREA MARQUEZ

Nerea traballou moito escoitou música, debuxou e pintou, cociñou... Gustoulle tanto a mochila que fixo dúas manualidades en vez dunha. Deixanos varias fotos nas que podemos ver as manualidades , a súa elaboración, o que cociñou.... De manualidade truxo unhas bolas de malabares e unha bonita caixa para gardar os seus tesouros.


As  súas manualidades


Xogando coas bolas malabares


Facendo os seus traballos. Canto material!!!


Cociñando a súa receita. Que boa pinta!!!!


MARCOS

A Marcos o que máis lle gustou foi o libro de receitas e disfrutou moito facendo de "cociñeiro". Así llo contou aos seus compañeiros e así se podía ver nas fotos que nos trouxo. Ademáis aproveitou a casca dun ovo para facer un bonito coche.



O seu super coche ...


Moi atento aos detalles...


Traballando na súa obra culinaria. Unha Pizza riquísima.


LIRA

Cando chegou a asemblea Lira traia moito que contar, non so da mochila, senón tamén da fin de semana  pois fixera unha viaxe cos seus pais a Camelle e traia novas desa zona e do museo de Man. Como manualidade Lira fixo unhas Tartarugas con cascas de ovo e  plastilina.


Na asemblea contando a súa actividade.


Coas súas tartarugas.


As fotos dos seus traballos e tamén da visita ao  museo de MAN




MATEO

A Mateo tardáballe poder levar a mochila. A súa vola contoulle aos amigos o que fixera con ela pero unha das cousas que máis lle gusta e contarlle como xoga ao fútbol e tróuxolles unha foto coa camiseta do Laracha.


Levando a mochila.


Todo un Crac!!!!


IZAN

Izan levou a mochila moi contento.Nesas datas tivo ao seu irmán de cumple e quíxonos traer unhas fotos da celebración porque o pasou moi ben. Felicidades ao cumpleañero.Cando chegou viña con moitas ganasde contarlle aos compañeiros todo o que fixera co material da mochila viaxeira.


Aquí está contando a súa experiencia.


Felicidades!!!!




CELTIA

Celtia fixo un portavelas cunha casca de ovo. era moi delicada e cando chegou ao cole xa viña un pouco deteriorada. A Celtia gustoulle moito todo o que levaba a mochila.


O seu portavelas.

DANIEL

Daniel fixo unha manualidade que lle serve para xogar. Non todo ten que ser maquiniñas.... a imaxinación é importante e con materiais de refugallo pódense facer xogos moi interesantes. Este é unha "cesta-bola". Mirádeo.



Un bo xogo, Daniel.!!!!

CARLOS

Carlos recibiu a mochila cun gran sorriso. Desexaba levala e pasouno moi ben con ela. Trouxo algunha foto traballando nela . De manualidade aportou unha bonita lúa e un sol pintados. Tamén lle quedou tempo para traballar un pouco na casa co martelo. Mirade estas fotos.


Aquí está pintando o sol e a lúa



O seu resultado. Quedaron moi bonitos!!!


Facendo algún que outro traballiño....!!!

AINHOA

Ainhoa construiu un ordenador psicodélico con materiais de refugallo. Un ordenador futurista.



TRABALLOS REALIZADOS POLO NENOS DE 4 ANOS C