jueves, 21 de mayo de 2015

ALEJANDRA

Alejandra tivo unha visita moi especial, a do seu padriño e a súa tía Lyn. Como tiña a mochila viaxeira quixo facer con eles  e o seu irmán Jonathan unhas galletas estilo inglés.

Durante a semana púxose maliña con febre e conxuntivite pero, aínda así, tivo tempo de facer este debuxo tan chulo do conto de Orellas de bolboreta.


E a manualidade dos gatiños





CLOE

Cloe foi a última da súa clase en levar a mochila viaxeira.


Tivo unha semana moi especial porque foi coa súa familia ao Parque da Warner de Madrid. Aquí a tedes co seu irmán Brais posando na casa de Bugs Bunny.


Aínda así traballou moitísimo e quixo facer de manualidade unha percha decorada con plastilina


e un biscoito de chocolate





martes, 5 de mayo de 2015

GUMERSINDO


Que contento se puxo GUMER cando Cristian lle pasou a mochila!!!O seu irmán xa a levou dúas veces!!!!
Fixo un monton de cousas coa mochila: o cumple da avoa Chelo, xogou ao tute, montou nunha moto.....
E tamén fixo un cadro dun marquiño chulísimo!!!!! 


 e cando o seu irmán, Jesús, levou a mochila, fixeron cousas con pasta de sal. Así que Gumer tamén fixo estas cousas para traer para a súa clase
e tamén fixo un biscoito de mazás que estaba boísimo pero teredes que agardar para ver as fotos.