martes, 8 de abril de 2014

NEREA GARCIA

Por fin!!! dixo Nerea cando lle tocou a mochila. Xa non esperou a chegar á casa e foi escoitando a música de "mamá cabra" no coche. Gustoulle moito o conto, fixo unhas "bolas malabares" de manualidade... pero o que mais lle gustou foi cociñar. Preparou varias comidas axudada polo seu pai e todas estaban moi ricas.


Mans á obra ..... cociñeira


A súa primeira obra.. e non quedou así....


De novo mans á obra...


E o resultado.. unhas ricas minipìzzas..



A súa manualidade






MARCO

Marco trouxonos un bonito portafotos "peixe"  coa súa foto, un bonito agasallo feito con materiais de reciclaxe; pero o que mais lle gustou foi facer de cociñeiro, mandil profesional e ..a traballar!!!!. Aquí o vemos nunhas fotos con cara de estar pasándoo ben facendo unhas minipizzas.



A súa manualidade. Moi bonita



Está feito un cociñeiro...


SARA

Sara estaba desexando que lle tocara a mochila, pois seu irmán xa a levara e ela tamén a quería. O día que lle tocou notábase que ía moi contenta. Axudada pola súa tía fixo un broche impresionante de flores e contoulle a todos os compis como o fixeron e o ben que o pasara coa mochila na casa.


Por fin!!!!



Contendo a súa experiencia aos compañeiros


Un bonito broche de flores..




CLAUDIA

Claudia ía moi contenta coa mochia á espalda. Traballou un montón escribindo día a día o que facía. Como manualidade fixo un colar con macarróns de cores e axudoulle a súa irmán a traballar. Claudia trouxo á clase un bizcoito moi rico.


Xa me toca!!!!!



O diario do seu traballo


A súa "Xoia"



E por ultimo a súa tarta.. A que ten boa pinta!!!




INES

Por fin lle chegou a mochila, como a case todos os nenos/as a Inés tardáballe o día. Traballou moito axudada pola súa nai, pai e o seu irmán. Ademais de traernos a súa manualidade, un ovo "caramelo e un ovo que a representa aela", trouxo á clase unha tarta que estaba riquísima. neses días Inés tivo a súa avoa a cal foi despedir ao aeroporto. de ttodas estas cousas deixounos unhas imaxes:



A súa manualidade


No aeroporto coa súa avoa


o seu debuxo do libro "O gato lambón"


A super tarta....