lunes, 22 de junio de 2015

BRAIS LANDEIRA

Brais foi o último da súa clase en levar a mochila e xa tiña unhas ganas...


Fixo un montón de cousas...
Diferentes manualidades como uns gatiños e un títere dun paiaso



Un biscoito para os amigos


e un debuxo








BRAYAN

Brayan contou a todos os compañeiros o ben que o pasara coa mochila viaxeira.


Cociñou coa súa nai, visitou aos seus avós, xogou coa súa curmá Aitana e foi ao aniversario de Malena.
E quixo ensinar este debuxo que fixo na súa casa.



jueves, 21 de mayo de 2015

ALEJANDRA

Alejandra tivo unha visita moi especial, a do seu padriño e a súa tía Lyn. Como tiña a mochila viaxeira quixo facer con eles  e o seu irmán Jonathan unhas galletas estilo inglés.

Durante a semana púxose maliña con febre e conxuntivite pero, aínda así, tivo tempo de facer este debuxo tan chulo do conto de Orellas de bolboreta.


E a manualidade dos gatiños





CLOE

Cloe foi a última da súa clase en levar a mochila viaxeira.


Tivo unha semana moi especial porque foi coa súa familia ao Parque da Warner de Madrid. Aquí a tedes co seu irmán Brais posando na casa de Bugs Bunny.


Aínda así traballou moitísimo e quixo facer de manualidade unha percha decorada con plastilina


e un biscoito de chocolate





martes, 5 de mayo de 2015

GUMERSINDO


Que contento se puxo GUMER cando Cristian lle pasou a mochila!!!O seu irmán xa a levou dúas veces!!!!
Fixo un monton de cousas coa mochila: o cumple da avoa Chelo, xogou ao tute, montou nunha moto.....
E tamén fixo un cadro dun marquiño chulísimo!!!!! 


 e cando o seu irmán, Jesús, levou a mochila, fixeron cousas con pasta de sal. Así que Gumer tamén fixo estas cousas para traer para a súa clase
e tamén fixo un biscoito de mazás que estaba boísimo pero teredes que agardar para ver as fotos.

jueves, 30 de abril de 2015

MANUEL

Manuel pasouno xenial facendo manualidades de plastilina na súa casa. Primeiro fixo, cun pouco de axuda, un mono moi simpático e despois un porquiño que era o máis listo de todos porque vivía na casa de ladrillo.



Tamén quixo facer algo do libro de cociña e despois de mirar todas as receitas decidiuse polo biscoito. Aquí está batendo os ovos.




ÉRIKA

O primeiro que fixo Érika nada máis chega á súa casa foi mirar todos os libros da mochila. Aquí a tedes lendo o conto de "Orellas de bolboreta".


Tamén fixo uns ricos pasteis porque lle encanta cociñar coa súa nai.


Fixo  uns gatiños do libro de manualidades



E xa para rematar, fixo unhas minipizzas



ÁLVARO

O libro que máis lle gustou a Álvaro foi o da plastilina e por iso quixo facer un peixe de moitas cores.


O seu pai estivo buscando cortizas para facer esta xirafa tan chula!!


Aquí tedes a Álvaro pintándolle as manchas


Do libro de cociña fixo unhas minipizzas caseras moi ricas.



viernes, 24 de abril de 2015

OMAR

Que contento se puo Omar cando Mateo lle pasou a mochila!!!!


Coa axuda das fotos, contounos moitas cousas: como se chama a súa gata, que tivo gatiños.....
 e traballou moito: fixo un cartel co seu nome en plasti e tamén fixo un mobil dunha casiña e unha rá.
 contounos cal foi o seu libro favorito!!!!!!

 e ata fixo unhas rosquillas para traer ao cole para compartir cos compañeiros!!!!

Moitas grazas Omar!!!!Eres un campeón!!!!

jueves, 23 de abril de 2015

CRISTIAN

CRISTIAN tamen se puxo super contento cando lle todou a mochila. E tan contento que se puxo que fixo moitísimas cousas. 
Con un cartón duro fixo unha ra moi bonita e cunha pedra fixo un peixe precioso!!!!!

 e sabedes cal foi o libro que mais lle gustou???? o dos contajuegos. Canto bailou coa súa música!!!!
Aquí o tedes traballando moito porque ademais de facer esas manualidades tamen fixo unhas magdalenas boísimas!!!!!!!
mmmm....estaban moi boas!!!!!!


AINHARA

Ainhara pasouno xenial coa mochila viaxeira e fixo un montón de cousas.

Do libro "Todos os animais ao caixón" fixo un debuxo do León Mugallán


e do conto "Orellas de bolboreta" un debuxo de Mara, a súa protagonista.


De manualidade trouxo uns gatiños moi simpáticos


Fixo de cociñar unhas ricas mini pizzas


E tamén contounos a sorpresa que tivo un día cando chegou a casa, unhas cabras que se chaman Amapola e Ana.





CANTIA

Cantia estaba encantada de levar a mochila por fin á súa casa xa que foi a última da clase en levala.


Coincidindo coa chegada da primavera fixo manualidades como unha bolboreta ou unha flor e ademáis, tivo unha visita moi especial, a do seu amigo Trastolillo, un paxariño que vén de visita todos os anos.



E, por suposto, non podía faltar unha sesión de cociña. Aquí a tedes coas mans na masa cociñando co seu irmán Neco.






viernes, 17 de abril de 2015

MATEO

Por fin lle tocou a mochila a Mateo!!! Xa o estaba desexando!!!!
Mirade que erguido estaba mentres nos contaba as cousas


 Mateo traballou moitísimo e todas as cousas que fixo son chulísimas!!!!!fixo u cadro no que puxo o seu nome en plasti. Tamén fixo outro cadro con moitos animais feitos de plasti e fixo un mobil dun barco.
E por si fora pouco, tamén fio unhas galletas de mantequilla con lacasitos que trouxo para compartir cos compañeiros!!!!

Moitas grazas Mateo!!!! Estaban boísimas!!!!!


jueves, 16 de abril de 2015

UNAI

Unai tivo unha semana moi entretida. O sábado foi a unha carreira benéfica en Carballo para recoller alimentos para a Cruz Vermella. Aquí o tedes coa medalla que lle deron por participar.


De manualidades fixo un peixe de plastilina e un elefante con cortizas.


Fixo tamén unha merenda moi especial: batido de amorodos e compartiuno coa súa irmá Selvia.