viernes, 30 de enero de 2015

DANIELA LISTA

Vaia abrazo lle deu Daniela a María cando lle pasou a mochila!!!

Coa axuda da libreta contounos todo o que fixo e a verdade é que traballou un montón!!!!

 Coas caixas dos ovos fixo unhas tartaruguiñas e un veme que pintou ela con pincel. Quedaronlle preciosos!!!!!
E tamen dçfixo un cadro con plasti e follas de verdade!!!!! Daniela é unha artista!!!!!

jueves, 29 de enero de 2015

ZAIRA

Que alegría levou Zaira cando lle pasaron a mochila. Deulle un abrazo moi grande á súa amiga Amaya
Zaiara traballou motísima na súa casa. Coa axuda dos seu pais, fixo unhas magdalenas boísimas para traer aos compañeiros
Estaban moi ricas e Zaira estaba moi contenta ao repartirlle unha a cada neno

E como lle gustou moito o libro do "reno Renato" que vai na mochila, quixo facelo con barro! Contounos que para facelo manchouse toda. Pero mirade que ben lle quedou




miércoles, 28 de enero de 2015

IKER

Iker fixo estes riquísimos pasteis con forma de caramelo para todos os seus compañeiros, non quedou ningún!


De manualidade fixo catro cousas: un gusano e un robot feitos con cortizas e un prato de comida e un boneco feitos con plastilina.


martes, 27 de enero de 2015

UXUE

Uxue traballou moitisimo. Na casa, coa axuda da súa mamá, fixo un biscoito moi chulo e estaba boísimo!!!!

Encantounos con eses lacasitos tan ricos!!!

E co libro de manualidades que vai na mochila fixo unha ratiña moi bonita. E sabedes con que a fixo??

Cunha pedra!!!!! E tamén fixo un debuxo super chul con bolitas de papel!!!
Canto traballou esta nena!!!!Iso si, a xuda do seu irmán e dos seus pais non faltou!!!!







viernes, 23 de enero de 2015

MARÍA

Alaín pasoulle a mochila a María!!! Que contenta se puxo!!Mirade vaia abrazo lle deu!!!

E María tamen traballou moitisimo. Na súa casa, coa axuda dos seus pais fixo unhas magdalenas. Trouxoas ao cole para que as probaramos e.......

Estaban boísimas!!!!
E como lle gustou moito o conto da cebra camila quue vai na mochila, coa axuda da súa mamá, fixo un movil chulísimo para a clase. Levoulle moito traball porque o arco da vella o pintou ela polos dous lados!!!

e coa axuda do que escribiron os seus pais e das fotos, foinos contando todo o que fixo



jueves, 22 de enero de 2015

AMAYA

Qué contenta se puxo Amaya cando Carla lle pasou a mochila



Coa axuda da profe, Amaya foi contando todo o que fixo os días nos que tivo a mochila

E tamén contounos que foi o que mais lle gustou de todo o que vai dentro


ROI

Roi estivo toda a semana moi ocupado coa organización de celebración do seu cumpreanos.

Encántalle que a súa irmá Minerva lle lea os contos e tamén axudar á súa mamá cando está cociñando.

De manualidade tiña moi claro que quería facer un cabalo con cortizas de cor azul e aquí o tedes.


SARA

Sara contou aos seus compañeiros o que fixera coa mochila durante toda a semana.


Coa súa irmá Alba fixo unhas madalenas pero, como son unhas larpeiras, coméronas todas e non nos deixaron a proba. Eso sí, para o cole trouxo un biscoito que estaba boísimo.


De manualidade fixo esta casiña coa que xogou moito durante a fin de semana.




LUCÍA ARÉVALO

Lucía quedou encantada co libro de receitas e decidiu facer coa súa familia unhas trufas de chocolate que estaban riquísimas.


De manualidade tiña claro que quería facer un ourizo porque lle gustan moito. Aquí o tedes, feito con follas secas.



martes, 20 de enero de 2015

DANIEL NOGAREDA

Daniel levou a mochila nas vacacións de Nadal e tivo tempo de facer moitas cousas.



Encantoulle o libro de manualidades e, coa axuda da súa mamá e o seu irmán Pablo, fixo este simpático títere.



Outro día decidiu facer a Mara, a protagonista de "Orellas de Bolboreta", Decorouna con fíos, papeis de cores e ceras.





RAÚL

Raúl tiña moitísimas gañas de que lle tocara a mochila. E por fin, o seu amigo Hector, pasoulla. 

Estivemos todos moi atentos mentres nos contaba o que fixo durante todos eses días coa mochila: cociñou, xogou, ....


E tamén nos contou que co libro de recetas fixo unhas magdalenas pero ao cole non as trouxo para que as probaramos. jejej

viernes, 16 de enero de 2015

DANIEL BOLÓN

Daniel quixo facer unha postal de Nadal para todos os seus compañeiros e así felicitar as festas con este simpático boneco de neve.


De manualidade fixo un paxariño, despois de deixar secar uns días as follas.



Tamén fixo uns pasteis ben ricos.


XAVI PONTE

O mesmo día que chegou a mochila viaxeira a súa casa, Xavi púxose a facer espaguetis con gambas cos seus pais.


Mirou o conto co seu irmán Brais e, coa axuda da súa madriña e o seu pai, fixo un cocodrilo saltarín.


E, como estamos en Nadal, foi visitar o pobo de Papá Noel na Coruña.




ADRIÁN

A chegada da mochila viaxeira coincidiu coa semana máis importante para Adrián: o seu cumpreanos.

Despois de celebrar o cumpre coa súa familia, comezou a facer un montón de figuriñas con pasta de sal.



Outro día fixeron unhas palmeritas de chocolate riquísimas.

Ademáis de todo isto, fixo un escenario e ensaiou a obra de "Os tres porquiños" coa súa familia para darlles unha sorpresa á profe Sonia e a todos os seus compañeiros.


BELÉN

Belén chegou encantada á súa casa coa mochila viaxeira.

Un dos seus momentos favoritos e ler na cama pola noite con mamá ou papá e nada mellor que ter o conto de Aínda nada? para facelo.

A canción que máis lle gustou do CD de Mamá Cabra foi "Eu son artista"

De manualidade fixo esta simpática xirafa.


Cociñou coa súa avoa e quixo desexarnos unhas felices festas cunha orixinal árbore de Nadal cos nomes de todos os seus compañeiros.



ALAÍN

Alaín puxose moi contento cando Manu L. Pasoulle a mochila viaxeira.

Traballou un monton: fixo de cociñeiro, pintou, e........

Fixo moitísimas cousas con plasti!!!!

Este neno é un artista!!!






ENZO

Aquí tedes a Enzo contándolles aos seus compañeiros a súa viaxe a Cudillero.


Como estivo de viaxe, a mochila quedou na casa.Cando chegou da súa viaxe tiña moito traballo por facer e por iso decidiu construir este camión de bombeiros tan chulo.