martes, 16 de diciembre de 2014

MANU LÓPEZ

E na clase da profe Lorena, o último neno que levou a mochila antes do Nadal, foi Manu Lopez!!!!
Este neno si que fixo cousas!!! coa axuda do seu pai, fixo un Belén enoooorme que trouxo ao cole para ensinalo!!!

E tamén puxo a arbore do nadal e foi de compras, que aínda que non lle gusta nada, pasouno moi ben porque despois foi ao parque de bolas. E tamén tivo un cumple asi que pasouno xenial.

O que mais lle gustou da mochila foi o libro dos cantajuegos!!!!canto cantou e bailou!!!!!

sábado, 13 de diciembre de 2014

PABLO

O venres tocoulle a PABLO  a mochila viaxeira!!! qué alegria levou!!!

El soliño contounos a todos o que fixo coa mochila. Pintou a Rayo, que lle encanta e mirade que atentos estabamos todos ao que nos cantaba
Tamén nos dixo cal foi o libro que mais lle gustou de todo o que vai na mochila: "A Cebra Camila"




viernes, 12 de diciembre de 2014

ROI

Asi de contento púxose ROI cando lle tocou levar a mochila viaxeira



Fixo moitas cousas. Gústoulle moito o libro de facer cousas con barro así que coa axuda da súa mamá fixo un gusano de barro. O que pasa é que aínda non secara e non o puido traer. Cando o traia xa o veredes.
encántoulle o libro doc Cantajuegos, e o cd, fartouse de escoitalo porque tiña todas as súas cancións favoritas

jueves, 11 de diciembre de 2014

BREIXO

Cántas cousas fixo BREIXO coa mochila viaxeira!!!!!!traballou moitísimo!!!!

O seu pai, en forma de comic, e con Breixo de protagonista, relatou todo o que fixo durante a semana e o neno encargouse de contarllo aos seus compañeiros!!!

E para que vexan que fixo todas esas cousas, cada escena do comic ten a súa foto: facendo galletas, tocando a bateria, na foliada, plantando......

E aínda lle quedaron gañas de traballar un pouco e pegou un montón de números e letras nunha folla!!!!

INÉS FUENTES

Esta semana INÉS fixo de todo coa mochila viaxeira. Ademais de cantar e bailar e ler o conto, preparou unha lasaña de carne chea de queixo porque lle encanta, seguro que estaba boísima.

Adornou a súa árbore de Nadal e presentounos a súa mascota Coco, un periquito que lle regalaron polo seu cumpreanos.

Como manualidade fixo un simpático ratonciño con cortiza.























                    Mirade que chulo!!!







Por último, quixo felicitar a todos as festas. Moitas grazas e igualmente INÉS.




miércoles, 10 de diciembre de 2014

BRAIS VILLAMAR

BRAIS foi o primeiro en levar a mochila á súa casa.
Cando chegou coa mochila ao cole ensinounos todo o que fixera con ela.



Mirade que atentos estaban os meus compañeiros!!!


E para rematar de contarlles o ben que o pasei, amoseilles a manualidade que fixen na casa coa axuda da miña familia.


MINIA

MINIA quedou encantada de levar a mochila viaxeira á súa casa.
O primeiro que fixo coa mochila foi un delicioso brownie e un biscoito que quixo compartir con todos os nenos da clase. Estaba riquísimo!!!


Bailou moito as cancións de Mamá Cabra coa súa irmá Icía e tamén fixo dúas manualidades con plastilina e cortizas: un peixe de cores e unha familia de pingüíns, mirade que chulos!!!



ÁLEX

Nada máis chegar á casa, ÁLEX púxose a escoitar o CD de María Fumaça e a ler o conto de Mariluz Avestruz coa súa irmá Lara.


ÁLEX tomouse moi en serio o de facer manualidades e fixo pasta de sal dabondo para traer un montón de figuras. Mirade canto traballou!!!






E como xa sabe que os pitiños da súa clase son uns lambóns, decidiu facer dous biscoitos moi simpáticos para comer entre todos.
     


viernes, 5 de diciembre de 2014

LARA

Cántas cousas fixo LARA coa mochila viaxeira. traballou moitísimo. Fixo un debuxo do conto da "cebra camila" que vai na mochila! quedoulle moi chulo!Tamén nos contou que puxo o árbore de Nadal e ensinounos todas as fotos


Ademais coa axuda de Marta, a sua irmá, fixo unha galletas e uns bombóns boísimos!!!! Cada un probamos un trociño. Estaban deliciosos!!

E co libro de manualidades con plasti, fixo un cadro precioso co seu nome!!!!
Mira que traballou esta nena! Así da gusto

jueves, 4 de diciembre de 2014

ÁNGELA

Qué contenta se puxo ÁNGELA cando lle tocou a ela levar a mochila. Gustoulle moito o conto da toupiña e os libros de manualidades. Tanto lle gustaron que fixo moitísimas cousas!!!!
Mirade vaia xoañiña tan chula que fixo con barro. E a tarta quedoulle xenial!!!!!

O mellor de todo é que trouxo as cousas para ensinarnos e a tarta para comela na clase!!!


Como nos puxemos!!!!Estaba boísimaaaa!!!!!mmmmm.......

martes, 2 de diciembre de 2014

ELSA

A primeira mochila en vir de volta, foi a que viaxou a casa de Elsa. Canto lle gustou ter a mochila e todos eses libros e contos na súa casa. ademais coincidiu co cumpl da súa irmá, Sofía!!!! Así que entre as dúas fixeron unha tarta!!!!
 

A tarta tiña moi boa pinta. Debía estar boísima!!!!!Cánto traballaron estas nenas!!!!!!