sábado, 28 de febrero de 2015

HUGO

Carlota pasulle a mochila a Hugo. Vaia abrazo que se deron os dous!!!!

Hugo contounos o que fixo e mirade que atentos estabamos!!!
Foi contando o que esta facendo en cada foto!!! E fixo moitas cousas!!!!

Con cartulina fixo dous caracois moi bonitos!!! E con plati fixo un erizo e un cactus aos que lle puxo cerillas facendo de pinchos!!!!!
E como lle gustou moito o conto da cebra Camila, fixo ese debuxo tan chulísimo!!!!



viernes, 27 de febrero de 2015

RAQUEL

Uxía pasoulle a mochila a Raquel! Mirade que contenta se puxo!!
Coa axuda da libreta e das fotos contounos todo o que fixo!!!


Miare que atentos estamos á súa explicación!!!!
Tamén nos dixo cal era o libro que mais lle gustou!

e non pensedes que non traballou nada. Fixo unhas bolboretas con barro que lles quedaron super bonitas!!

jueves, 26 de febrero de 2015

BRUNO

O que máis lle gustou a Bruno da mochila viaxeira foi o libro de receitas porque de maior quere ser cociñeiro. Na súa casa fixo unhas mini pizzas e para o cole trouxo un pastel de limón.


Coa pasta de sal elaborou un planeta, unha estrela, unha lúa, un submarino e un astronauta. Aquí tedes as figuras todas xuntas.


Por último, ensinounos o debuxo que fixo do conto "Mariluz Avestruz"



miércoles, 25 de febrero de 2015

BRAIS RODRÍGUEZ

Brais estaba encantado coa mochila viaxeira e toleou a case toda a súa familia. Cando chegou con ela á casa quería facer un montón de cousas.

Ensinou aos seus compañeiros o peixe de plastilina tan chulo que fixo




e  un neno paseando a un can feito con cortizas



DANIEL ÁLVAREZ

Daniel tivo unha semana moi divertida xogando ao trivial coa súa familia e disfrazándose do Capitán América, o seu heroe favorito.


Cociñou filloas con nata e chocolate


e fixo de manualidade un paiaso 




martes, 24 de febrero de 2015

LUCÍA CAAMAÑO

Lucía levou a mochila durante as vacacións de Entroido e, aínda así, traballou moitísimo.

Foi de viaxe a Avilés e estivo nunha festa da espuma co disfrace da Raíña de Corazóns, cómo nos gusta que usedes as manualidades do cole!!!!


Fixo varias manualidades. Un ourizo con follas



E un gato con pasta de sal


Tamén quixo traer ao cole un riquísimo biscoito de chocolate



XABI PERISCAL

Xabi foi de visita a casa da súa avoa e cociñou con ela e o seu padriño unhas rosquillas do libro de receitas.

Coa axuda do seu pai fixo unha manualidade cunha lúa e un sol. Aquí a tedes.


Aquí podedes ver todo o que fixen nesta semana




ALBA

Alba levou a mochila viaxeira na semana do Entroido. Foi á festa na Praza do Concello coas súas amigas. Mirade o guapas que están.


Preparou unha pizza e para todos os compañeiros unhas madalenas con chololate.


E de manualidade, mirade que cousa máis chula






JESÚS

Jesús tivo unha semana moi intensa: levou a entrenar a Lula, a súa cadela, foi a Coruña a dar un paseo, á feira de Carballo e ademáis fixo o disfrace do entroido.
Aquí o tedes contándonos todas estas cousas.


Coa pasta de sal fixo un montón de figuras: un cohete, estrelas, planetas, astronautas. E aquí tedes o resultado:


E tamén compartiu con nós un riquísimo biscoito cheo de gominolas e chocolatinas.



jueves, 19 de febrero de 2015

UXÍA

Qué alegría levou Uxía cando Saray lle pasou a mochila.

A súa madriña axudoulle a facer un monton de cousas. Co barro fixeron unha xoaniña moi chula. A clase da profe Lucía xa esta chea de xoaniñas!!!!
Tamén fixo un debuxo chulísimo de un pavo real coa cola feita con follas!!!
E se queredes ver como o fixo aqui tedes unhas fotas que mandou na libreta!!!asi tamén sabedes cal e o libro que mais lle gustou




miércoles, 18 de febrero de 2015

SHAILA

 Despois de Rodrigo, tocoulle a mochila a Shaila!
Esta nena tamén traballou moito e contounos todo o que estaba facendo nas fotos!
para o cole trouxo estas dúas preciosidades que ela mismo fixo pintando as pedras!
A que son ben chulas???

martes, 17 de febrero de 2015

CARLOTA

Mirade que contenta se puxo Carlota cando Álvaro lle deu a mochila!!!! Isto si que é felicidade!!!
Carlota traballou moitísimo!!!Iso si, coa axuda da sua Irmá e da súa mamá!!
entre as tres fixeron unhas magdaletas que estaban boísimas!!!!!
e tamén fixo un monton de boliñas de plasti para facer estas cousas tan chulas!!!!!!


E como aínda lle quedaban ganas, fixo con cartulanas un mobil de caracois chulísimo!!!!!!


jueves, 12 de febrero de 2015

YERAI

Yerai chegou todo contento ao colexio despois de pasar coa mochila viaxeira toda a semana.

Na casa decidiu facer coa súa familia unha manualidade chulísima e como non tiñan tantas cores de plastilina, fixeron un prato de comida con fondant, unha pasta que se fai con azucre. Así que entre boliña e boliña Yerai ía comendo algún guisante, qué lambón!!!


Con cortizas fixo un tren ben apañado


Xa, por último, elaborou unhas riquísimas palmeritas


martes, 10 de febrero de 2015

DIEGO FRAGA

Diego fixo coa mochila un montón de cousas.
Do libro de receitas, aproveitando que tiña moita froita na casa, elaborou un rico batido co seu irmán Aitor.
Outro día fixeron de cea unhas hamburguesas con queixo e unhas minipizzas.


Con pasta de sal fixo un submarino




Por último, quixo ensinar aos seus compañeiros a sorpresa coa que se atopou na casa do seu padriño, unha das ovellas fora mamá de dúas ovelliñas.Aquí o tedes con unha delas.



ÁLVARO

Daniela L. pasoulle a mochila a Álvaro!!!! Que alegría levou!!!!

E con tanta alegría fixo un biscoito boísimo que trouxo ao cole para que o probaramos!!!!
Tamén fixo un debuxo de spiderman que o pintou el soliño e un cadro dunha lúa eunhas estrelas moi chulo!!!
este neno traballou moito pero tamén tivo unha boa axudante, a sua irmá!!!!! e senon mirade estas fotos!!!

e foi el o que lle contou a todos os nenos o que est facendo en cada fotos!!!
que atentos estabamos todos!!!!!