jueves, 30 de abril de 2015

MANUEL

Manuel pasouno xenial facendo manualidades de plastilina na súa casa. Primeiro fixo, cun pouco de axuda, un mono moi simpático e despois un porquiño que era o máis listo de todos porque vivía na casa de ladrillo.



Tamén quixo facer algo do libro de cociña e despois de mirar todas as receitas decidiuse polo biscoito. Aquí está batendo os ovos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario